Traballamos a estatística
Como xa sabedes, nas últimas semanas do curso veremos o tema de estatística na materia de matemáticas. Entón, aprenderemos como facer un estudo estatístico a través dunha investicación real no centro.
1. Elaboración dunha enquisa2. Realizaremos unha recollida de datos. Pasaremos a enquisa por outro curso do centro da seguinte forma:
3. Organización, clasificación e reconto das respostas.4. Elaboración de táboas cos resultados.5. Confección de gráficos
A idea é que por grupos, elaboredes unha pregunta tipo test (unha ou dúas preguntas cada grupo con 3 ou 4 posibles respostas) e que entre toda a clase elaboremos unha enquisa de polo menos 8 preguntas en total.
A enquisa terá que estar relacionada co Plan Proxecta Naturézate e os contidos que aprendemos durante o curso. Desta maneira, investigaremos sobre hábitos ou costumes do resto do alumnado en canto ao coidado, o respecto e os coñecementos sobre a natureza.
Un exemplo de pregunta podería ser:
Na túa casa reciclades os residuos?
a) Non, nunca
b) Si, pero so o papel ou o plástico
c) Si, sempre
Non serve copiar o exemplo!

Comentarios
Publicar un comentario