O luns 7 de xuño o alumnado de 1º ESO realizará unha camiñata a unha das paraxes naturais máis fermosas de Galicia, e descubrirán da man de Uxío Novoneyra aspectos da flora e da fauna que o poeta inluiu nas súas obras. Por iso, en colaboración co departamento de lingua investigaremos un pouquiño antes da saída respondendo as seguintes preguntas: 1. Onde naceu Uxío Novoneyra? 2. Por que é coñecido como "O poeta do Courel"? 3. Escribe o nome de catro das súas obras. 4. Le a súa biografía e comenta o feito que máis che chamara a atención. 5. Fíxate na flora e na fauna que menciona o poeta do Courelna súa obra e escolle un tipo. Despois escribe eses versos e memorízaos, para recitalos na excursión. 6. Lede entre todos o poema "Letanía de Galicia" No seguinte enlace poderedes acceder a un documento onde buscar a información necesaria: https://drive.google.com/file/d/1WS9cJQU762cXySl1Bra1SLWTsSLD3CDc/view?usp=sharing
Día da terra O xoves 22 de abril é o día da terra, polo que realizamos unha búsqueda de información. Comentamos e compartimos no blog a información que atopamos.
O alumando de 1º ESO C elaborou as seguintes preguntas e analizaron os datos obtidos coa participación do alumnado de 4º ESO. Para o estudo empregaron unha folla de cálculo como podedes ver a continuación. Pero antes, queremos agradecer a profesorado e alumando a súa colaboración. Pregunta 1 En que te desprazas máis? a) No transporte público b) No coche dos teus pais c) Bicicleta d) Camiñando e) Outros. Cales?_________ A maioría do alumnado desprázase camiñando (41,86%) unha porcentaxe menor desprázase no coche dos seus pais (37,20%). Un 13,95% desprázanse en outros vehículos, un 4,65% van en transporte público e un 2,32% en bici. Pregunta 2 Cres que a humanidade é un virus para a Terra? a) Si, a actividade humana é a causante da deterioración do medio pero é necesaria para que os humanos vivan e non podemos facer nada por mellorar. b) Si, a actividade humana é a causante da deterioración do medi...
Comentarios
Publicar un comentario