Enquisa estudo estatístico 1º ESO C e resultados

 O alumando de 1º ESO C elaborou as seguintes preguntas e analizaron os datos obtidos coa participación do alumnado de 4º ESO. Para o estudo empregaron unha folla de cálculo como podedes ver a continuación. 

Pero antes, queremos agradecer a profesorado e alumando a súa colaboración.

 

Pregunta 1

En que te desprazas máis?  

a)No transporte público  

b)No coche dos teus pais  

c)Bicicleta  

d)Camiñando  

e)Outros. Cales?_________ 

 

 A maioría do alumnado desprázase camiñando (41,86%) unha porcentaxe menor desprázase no coche dos seus pais (37,20%). Un 13,95% desprázanse en outros vehículos, un 4,65% van en transporte público e un 2,32% en bici.


Pregunta 2

Cres que a humanidade é un virus para a Terra?  

a)Si, a actividade humana é a causante da deterioración do medio pero é necesaria para que os humanos vivan e non podemos facer nada por mellorar.  

b)Si, a actividade humana é a causante da deterioración do medio e debería controlarse máis.  

c)Non, eu penso que lle facemos ben ao planeta. 

 A maioría do alumnado cre que a humanidade é un virus para a terra e que debería controlarse (83,721%). Un 9,302% do alumnado cre que é un virus para a terra e un 6,977% cren que a humanidade non é un virus para a terra.


Pregunta 3

Cantas especies de animais protexidas coñeces en Galicia?  

a)Ningunha  

b)Poucas. Cales?____________  

c)Algunha. Cales?____________  

d)Moitas. Cales?_____________ 



Pregunta 4

Pechas a billa cando lavas os dentes? 

 a)Si  

b)Non  

c)Ás veces  

d)Non adoito facelo

 

 Os alumnos soen pechar a billa cando se lavan os dentes (88,37%), ninguén deixa aberta a billa, algúns as veces a deixan (9,30%) e un 2,32% non adoitan facelo.


Pregunta 5

Cando visitas un espazo protexido...  

a)Coidalo  

b)Estropéalo  

c)Nunca visitei un espazo protexido nin me interesa  

d)Nunca visitei un espazo protexido pero gustaríame facelo 

Un 72% da xente cando vai a un espazo protexido coidao, un 20,9% nunca visitou un pero gustaríalle e por último cun 6,98% tamén está a xente que nunca visitou un nin lle interesa.


Pregunta 6

Que farías se ves unha especie animal ou vexetal en perigo de extinción?  

a)Non lle fas caso  

b)Provócaslle algún dano, por exemplo, levándoa para casa  

c)Sácaslle unha foto  

d)Avisas aos axentes ambientais  

A maioría avisaría aos axentes ambientais se visen unha especie en perigo de extinción (76,74%) un 18,60% sacaríanlle unha foto, un 4,65% non lle faría caso e un 0% provocaríalle dano.


Pregunta 7

Cres que o confinamento do pasado ano afectou positivamente ao medio ambiente?  

a)Si 

 b)Non  

c)Tal vez  

Por que?_____________________  

 

 
Neste gráfico podemos observar que o 90% das persoas pensan que o confinamento afectou positivamente ao medio ambiente. Menos do 10% das persoas non o teñen claro. En cambio, o 2% das persoas aproximadamente pensan que non afectou positivamente.


Pregunta 8

Cando ves lixo no chan nun entorno natural, recóllelo?  

a)Sempre 

 b)Nunca  

c)Ás veces  

d)Gustaríame, pero non mo permiten meus pais  

   
A maioría das persoas ás veces recollen o lixo que atopan no chan de entornos naturais. 0 30% das persoas aproximadamente sempre o recollen, pero entre o 14% das persoas nunca recollen o lixo que atopan nun entorno natural.


Pregunta 9 

Consideras bo que proclamen a Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade?  

a)Si  

b)Non  

c)Tal vez Por que?_________________ 


A maioría dos alumnos consideran que é algo bo xa que a zona estaría máis protexida. Tan so un 9% non o ten claro.

Comentarios

Entradas populares de este blog