Enquisa estudo estatístico 1º ESO B e resultados

 O alumando de 1º ESO B elaborou as seguintes preguntas e analizaron os datos obtidos coa participación do alumnado de 3º ESO. Para o estudo empregaron unha folla de cálculo como podedes ver a continuación. 

Pero antes, queremos agradecer a profesorado e alumando a súa colaboración.

Pregunta 1

Tiras lixo ao chan?  

a)Non, nunca  

b)Si  

c)Poucas veces 


Podemos observar que  un 56,25% nunca tira lixo ao chan, un 3,125% si o fai e un 40,625% poucas veces o fai.

Pregunta 2

Gústache pasear pola natureza? 

 a)Si 

 b)Non  

c)Ás veces 

 

A maioría da xente (un 68,75% ) gústalle pasear pola natureza, a ninguén non lle gusta pasear pola natureza e a algunha xente gústalle só as veces (un 31,25%).

 

Pregunta 3

En que medio de transporte vas ao instituto? 

a)Coche  

b)Andando  

c)Autobús  

d)Outros. Cales?___________________  

 

Un 18,75% vai en coche ao colexio, un 37,5% andando ou en autobús e un 6% vai en outro medio de transporte.


Pregunta 4

Consumes plástico?  

a)Non ou intento usar materiais biodegradables  

b)Si e non me preocupa  

c)Si, porque non queda máis remedio  

Nesta grafica hai un 18,75% que non consume plástico mentras que un 9,375%  si que o consumen e non lles preocupa. Hai un 68,75% que consume plastico porque non queda mais remedio e  unha persoa non respondeu.


Pregunta 5

Que tipos de árbores autóctonas de Galicia coñeces?  

a)Carballos  

b)Non coñezo  

c)Outros: ___________  

 

 

Aquí podemos ver que os carballos son as árbores autóctonas máis coñecidas de Galicia, só un 12,5%  di que non coñece árbores autóctonas e un 3,125% coñece outros tipos.


Pregunta 6

Coñeces fauna autóctona de Galicia?  

a)Si. Cales?_______________  

b)Non  

c)Si, pero non estou moi familiarizado 

 Os resultados desta gráfica demostran que unha gran maioría da xente coñece fauna autóctona de Galicia pero non está moi familiarizada, mentres que o 21,875% non coñece e o 12,5% di que coñece e está familiarizado.

 

Pregunta 7

Fas deporte en contacto coa natureza?  

a)Si 

b)Non  

c)Non fago deporte  

 

Observamos que a maioría dos alumnos con un 65,625% fan deporte en contacto coa natureza, o 12,5% non fan deporte e o 21,875% non fan deporte en contacto da natureza.


Pregunta 8 

Durante o confinamento do ano pasado botaches en falta a natureza? a)Si  

b)Non  

c)Un pouco  

 

Nesta gráfica podemos observar que a maioría dos alumnos (56,25%) botaron en falta a natureza durante o confinamento, e que hai empate cun 21,875% entre os alumnos que non e un pouco.


Pregunta 9 

Fas rutas na natureza a miúdo?  

a)Si  

b)Non  

 

A maioría de xente (un 59,375%) si lles gusta facer rutas pola natureza, e un 40,625 % da xente non lles gusta facer rutas.

 

Pregunta 10 

Coñeces paxaros autóctonos de Galicia?  

a)Non coñezo ningún  

b)Si, moitos  

c)Algúns Cales?___________  


 Un 31,25% da xente non coñece paxaros autóctonos de Galicia, mentres que un 25% si coñece moitos paxaros autóctonos de Galicia, e un 43,75% da xente (a maioría) so coñece algúns.

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enquisa estudo estatístico 1º ESO C e resultados