Enquisa estudo estatístico 1º ESO A e resultados
O
alumando de 1º ESO A elaborou as seguintes preguntas e analizaron os
datos obtidos coa participación do alumnado de 2º ESO. Para o estudo empregaron unha folla de cálculo como podedes ver a
continuación.
Pegunta 1
Cres que aprecias máis a natureza despois do confinamento?
a)Non, nada cambiou
b)Si, agora aprécioa máis
c)Non, porque penso que foi a propia natureza a culpable do noso confinamento. (o virus saíu da natureza)
d)Si, porque a natureza mandounos un aviso co virus para que a coidemos máis.
Pregunta 2
Tiraches algunha vez lixo nun entorno natural?
a)Varias veces
b)Algunha vez
c)Nunca
d)Sempre
Pregunta 3
Consideras que a Ribeira Sacra se debería denominar Patrimonio da Humanidade?
a)Si, porque ten que estar protexida
b)Non, porque considero que hai que protexer a zona pero denominala Patrimonio da Humanidade non é a solución
c)Non, é igual que non se protexa
Pregunta 4
Se te atopas cun animal en perigo de extinción, que farías?
a)Non facerlle caso
b)Chamar a un profesional
c)Acercarme e darlle de comer
d)Matalo
Pregunta 5
Que farías se ves un incendio forestal?
a)Correr
b)Intentar que non se propague aínda que sexa perigoso
c)Chamar ao 112
d)Non facer caso
Pregunta 6
Cres que está ben sacrificar animais para a confección de roupa e complementos?
a)Si, non creo que se extingan por ese motivo
b)Si, pero non en exceso
c)Non, non deberían matalos para este tipo de cousas
Pregunta 7
Se un coñecido fuma ou ti mesmo, adoita/s deixar as cabichas na area?
a)Si, porque non importa
b)Ás veces
c)Nunca, hai que manter as praias limpas
Pregunta 8
Consideras que os arredores naturais de Monforte están limpos e coidados?
a)Si, moito
b)Si, pero podían estar máis limpos
c)Non, están moi descoidados
Pregunta 9
Cres que o confinamento pode facer que a xente comece a reciclar máis?
a)Non, porque xa se reciclaba moito antes
b)Non, porque non teñen relación entre si
c)Si, porque a xente tivo máis tempo libre na casa
Pregunta 10
Cres que o confinamento fixo que diminuíra a contaminación?
a)Si, porque estabamos todos na casa
b)Algo si, pero moitas fábricas continuaron traballando
c)Non










Comentarios
Publicar un comentario