Exposición no centro
O alumnado de 1º ESO considera importante transmitir ao resto da comunidade educativa o aprendido dende que comezamos a traballar no Plan Proxecta "Naturézate" polo que realizarán unha exposición de imaxes que reflictan tanto problemas que se atopan na biodiversidade coma iniciativas de conservación da natureza.
Nas vindeiras semanas cada alumn@ creará unha imaxe estilo "collage" que poderá ser dixital ou feita a man.
Un exemplo podería ser a seguinte imaxe
Para que a exposición sexa atractiva, terá a apariencia dunha famosa plataforma de contido multimedia e no noso instituto chamarase "Naturflix".
Nesta plataforma, os contidos aparecen diferenciados por seccións, polo que empregaremos as seguintes:
- Tendencias agora
- Historias reais
- Volver ver
- Recomendacións
As dúas
primeiras seccións recollerán carteis que teñan que ver con impactos negativos
contra a biodiversidade e as dúas últimas seccións con aspectos positivos que se
están a levar a cabo para a conservación da natureza.
Comentarios
Publicar un comentario